Santiago descarta pechar completamente ao tráfico a praza do Obradoiro

O concello instala bolardos na rúa que dá acceso, pero colocados ao longo, para que pasen vehículos autorizados ou de emerxencias.


|

Obradoirocatedral


O Concello de Santiago de Compostela realizou a instalación de bolardos na rúa de San Francisco, pola que se accede directamente á praza do Obradoiro, co que se incrementa a seguridade na zona ao limitar a circulación e a velocidade dos vehículos autorizados, pero descartou que se vaia restrinxir completamente o tráfico na zona.


Este martes procedeuse á instalación de bolardos, como unha medida de seguridade que xa estaba incluída nos remanentes dos orzamentos aprobados en pleno e que fora demandada tamén polo Sindicato Unificado de Policía por mor dos atentados de Cataluña. Con todo, situáronse en liña no centro da vía, o que permite a circulación en dúas direccións aos vehículos que estean autorizados.


O concelleiro de medio ambiente e convivencia do Concello de Santiago, Xan Duro, explicou en declaracións aos medios de comunicación que a "medida está a funcionar ben e non está a haber ningún problema".


Preguntado sobre o mantemento da vía aberta a vehículos autorizados ou de emerxencia, puntualizou que se trata de algo "primordial", incidindo en que "unha cousa é a seguridade e outra o autosuicidio".


"Evidentemente, ten que haber espazo para a circulación nese espazo", que tamén dá acceso ao Hostal dos Reis Católicos, ao que tamén chegan ocasionalmente autobuses turísticos. Iso si, remarcou que a partir de agora "non poderán entrar a velocidade, senón que entran moi lentos, que é o obxectivo destas medidas".


Finalmente, concluíu que a peonalización da rúa Xoan XXIII, situada tamén nos accesos ao centro histórico, en medidas de mobilidade e non de seguridade.


Santiago de Compostela mantén presenza policial en determinados puntos de acceso ao centro histórico e non se descarta a colocación de medidas físicas, aínda que, por prudencia, explicouse que non se avanzará a súa localización.

relacionada Santiago instalará barreiras provisionais mentres non se colocan bolardos definitivos
relacionada Os policías alertan das carencias na loita antiterrorista en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE