Colectivos animalistas ven "insuficientes" as axudas a protectoras e concellos

Aínda que aplauden os 300.000 euros que destina a Xunta, subliñan o "déficit histórico" da Administración co abandono animal.


|

Gatosanimalesprotectoras


Libera e a Fundación Franz Weber advertiron este mércores que a liña de axudas habilitada pola Xunta resulta "insuficiente" e reclaman "máis compromiso orzamentario" contra o abandono animal.


Por iso, estes colectivos advirten da "complexidade dun traballo constante e serio para erradicar o abandono animal en Galicia" e aplauden "o xesto da Xunta de publicar unha convocatoria de axudas para concellos e entidades protectoras", aínda que considera que esta achega é "insuficiente".


"A proposta do Executivo autonómico aproveitou unha modificación do teito de gasto da comunidade para vincular 300.000 euros ao desenvolvemento de campañas de sensibilización e ao coidado de animais custodiados en centros de acollida, tanto administrados por gobernos locais como por ONG, despois de sete anos sen ningunha achega destas características", sinalan.


Ademais, os animalistas subliñan o "déficit histórico que se debe liquidar".


Así, inciden en "a necesidade de que a Xunta aborde esta problemática desde un prisma amplo, conformando unha verdadeira estratexia galega contra os malos tratos e o abandono, que nos últimos anos acumula decenas de miles de animais", principalmente cans e gatos, "deixados á súa sorte en toda clase de situacións", lamentan.


Nos últimos anos FFW e LIBERA! cuantificaron que o custo do abandono de animais, é dicir, os servizos de recollida, manutención, atención veterinaria e trámites de adopción en Galicia, "supoñían unha media de tres millóns de euros para as diferentes administracións públicas".


"A isto únese que gran parte destes servizos foron externalizados, convertendo o abandono nun lucrativo oligopolio controlado por un par de empresas", critican.


Neste sentido, estes colectivos animalistas apelan á "urxencia" de aprobar a futura Lei de Benestar Animal de Galicia, que "dispoñerá de novas ferramentas que precisan de investimento público por parte do Goberno, e non só o traslado de competencias para os consistorios" que, sosteñen, "en cada vez máis casos, afrontan investimentos para mellorar os seus Centros de Protección Animal, como o caso da Coruña, ou multiplican o orzamento co obxectivo de potenciar o benestar dos mesmos, como Santiago e o seu refuxio".

relacionada Unha trintena de asociacións animalistas rexeitan a futura lei galega
relacionada Os animalistas rexeitan "artigos polémicos" da Lei de Benestar Animal
relacionada Galicia, Mellor sen Touradas esixe que a lei de benestar animal prohiba a tauromaquia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE