Detido un home na Coruña por matar a súa sogra e fuxir co seu bebé
Á espera da autopsia, tratouse dunha morte violenta. O detido tiña billetes de avión.
Un home foi detido na Coruña tras matar, supostamente, a súa sogra esta madrugada e darse á fuga co seu bebé de 21 meses, aínda que se descoñece de momento cando vai pasar a disposición xudicial, segundo confirmaron fontes do caso consultadas por Europa Press.
Os feitos producíronse ao redor das 4 da madrugada nunha vivenda do barrio de Monte Alto, na cidade herculina. Aproximadamente dúas horas despois, foi detido pola Garda Civil.
Fontes próximas a este caso precisaron que a detención se produciu nun hostal de Culleredo e que o home tiña billetes de avión tanto para el como para o bebé. Polo momento, non transcenderon a identidade do home, de 43 anos.
O Xulgado de Instrución nújmero 6 da Coruña, en funcións de garda, autorizou esta madrugada o levantamento do cadáver da muller. Fontes xudiciais explicaron que se trata, aparentemente, xa que se está á espera dos resultados da autopsia, dunha morte violenta.
Escribe o teu comentario