Identificadas todas as vícimtas mortais dos dous atentados, que se elevan a 15
Entre os falecidos cóntase o mozo acoitelado na Diagonal polo terrorista fuxido que lle roubou o coche.
Recordo ás vítimas na Rambla.
A Generalitat identificou as 15 vítimas mortais dos atentados terroristas do xoves en Barcelona e Cambrils, informou o conselleiro de Xustiza, Carles Mundó, este luns en rolda de prensa.
Das 15 vítimas mortais sete son mulleres e oito son homes, dous deles nenos; seis teñen a nacionalidade española, dúas son portuguesas, tres son italianas, unha é estadounidense, outra canadense, outra belga e unha ten a dobre nacionalidade canadense e británica.
Cinco das seis vítimas mortais de nacionalidade española residían en Cataluña: dúass vivían en Rubí (Barcelona), unha en Vilafranca do Penedès (Barcelona), outra en Sant Hipòlit de Voltregà (Barcelona) e outra en Barcelona; mentres que a restante residía en Zaragoza.
Os ataques saldáronse cun total de 13 vítimas mortais na Rambla e unha en Cambrils, á que se sumou o mozo de Vilafranca falecido na Diagonal vítima dunha agresión con arma branca por parte do fuxido Younes Abouyaaqoub.
Nove dos 15 corpos xa foron entregados ás familias e o resto dos cadáveres puxéronse a disposición dos consulados e embaixadas e no Instituto de Medicina Legal.
Escribe o teu comentario