Suspendida a actuación de Leo Bassi e o resto da programación na Coruña
O actor e cómico, que ía facer un espectáculo de clown na zona do Parrote, expresa a súa "solidariedade" coas vítimas.
O actor e cómico Leo Bassi cancelou a actuación que tiña previsto ofrecer este venres, na Coruña, no marco da programación das festas de María Pita en "solidariedade" coas vítimas do atentado de Barcelona.
Así o informa na súa conta de Twitter, despois de que estivese anunciada a súa participación na programación da 'Festa das Utopías' cun espectáculo de clown na zona do Parrote.
Tanto esta gala de pallasos como outras propostas do programa festivo, no que se incluían artes escénicas ou a actuación da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, na praza de María Pita, foron tamén suspendidas.
Así o informou o Concello da Coruña tras coñecerse o atentado e convocar para esta venres un minuto de silencio na Praza de María en solidariedade coas vítimas.
Escribe o teu comentario