Cancións de 'Juego de tronos' e' Star wars' nas festas de María Pita

O Coro Mozo da OSG abre este martes o ciclo de concertos, acompañados dun grupo instrumental de rock.


|

Corojovenosg


O Coro Mozo da Orquestra Sinfónica de Galicia abre este martes os concertos do ciclo 'Música en María Pita', que se iniciarán ás 20,30 horas con música de 'Juego de tronos', 'Star Wars' ou 'Queen'.


A actuación será ás 20,30 horas na praza da cidade herculina e baixo a dirección de Daniel García Artés, acompañados dun grupo instrumental de Rock.


A Orquestra Moza e a Sinfónica de Galicia participarán tamén no ciclo de concertos con programas previstos para o venres e o sábado, respectivamente, e tamén ás 20,30 horas en María Pita.


A Orquestra Moza da OSG subirase ao escenario de María Pita para ofrecer a Sinfonía Fantástica de Hector Berlioz baixo a batuta do novo director galego Diego García Rodríguez, unha obra popularizada polo realizador cinematográfico Stanley Kubrick en 'O resplandor'.


Finalmente a Sínfónica de Galicia estará en María Pita o sábado cun programa que inclúe obras de Rossini, Dukas, Chaikovski, Ravel, Verdi e Bernstein, baixo a dirección do seu titular Dima Slobodeniouk.

relacionada A Orquestra Sinfónica de Galicia desembarca en outubro en Vigo
relacionada A Novena de Beethoven soou coma nunca no Obradoiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE