A Novena de Beethoven soou coma nunca no Obradoiro

O director venezolano Gustavo Dudamel dirixiu a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra.


|

DudamelobradoiroSinfonía "ao descuberto" no Obradoiro.


O director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel, a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra interpretaron, este venres, a 9ª Sinfonía de Beethoven ante máis de 4.000 persoas na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. O concerto, patrocinado por Abanca, celebrouse aos pés da Catedral.


Durante a súa intervención, o actual presidente do banco, Juan Carlos Escotet, quixo destacar a magnitude do evento "ao descuberto" e nun escenario como é a Praza do Obradoiro, desde a que se pode contemplar a Catedral de Santiago, que marcou "os horizontes da civilización occidental de hai máis dun século" a través do Camiño.


En palabras do director, a peza de Beethoven "unha das máis grandes creacións da humanidade" que aínda hoxe "nos segue emocionando, guíanos na nosa viaxe para descubrir os sentimentos humanos máis profundos e estimúlanos a aspirar os máis altos ideais en procura da harmonía".


Previa á execución da peza, Dudamel quixo reafirmar a súa "vocación indiscutible" coa música e "os nenos, nenas e novas", aos cales animou durante a súa visita a Galicia a "afrontar os desafíos" dun futuro mellor no que "a cultura e as artes poden e deben cumprir un papel fundamental", ademais de ter "a oportunidade de brillar grazas aos seus logros".


INTERPRETACIÓN NUN GRAN ESCENARIO


A velada musical abriuse co himno de Galicia, previo á execución da Novena Sinfonía de Beethoven, que resoou por toda a Praza do Obradoiro e chegou aos oídos de todos os asistentes.


Tan só tres ensaios bastaron para que Gustavo Dudamel conectase con máis de 200 virtuosos no escenario entre a OSG e a coral, que, ademais, estiveron acompañadas pola soprano Marta Mateu, a mezzosoprano Lida Vinyes Curtis, o tenor Marc Sala e o barítono Joan Martín-Royo.


O concerto será retransmitido en diferido o sábado 15 de xullo, ás 22,40 horas, na segunda canle da Televisión de Galicia (TVG2); o domingo 16, ás 11,00 horas, en TVG; e o sábado 22 na 2 de Televisión Española.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE