Suspendidos os paros parciais dos controis de seguridade en Alvedro

UXT acordou este xoves con Eulen abrir un calendario de negociación e pola tarde tentará o mesmo con Prosegur, para a que traballan os vixiantes de Santiago.


|

AeropuertoequipajeUXT reúnese pola tarde con Prosegur.

O sindicato UXT suspendeu os paros parciais convocados polos vixiantes de seguridade no aeroporto de Alvedro a partir do 20 de agosto, tras unha reunión con Eulen Seguridade celebrada na xornada desta mañá entre ambas as partes.


Así o informou a Europa Press o portavoz da central sindical, Juan Carreira, tras concluír a reunión, á que seguirá outra pola tarde, a partir das 17,00 horas, no aeroporto de Santiago de Compostela coa empresa Prosegur.


O acordo, segundo informou o sindicato, inclúe a suspensión dos paros en Alvedro ata o 20 de setembro coa condición de establecer un calendario de negociación co comité de empresa durante o período de suspensión.


Así mesmo, explicou que, entre os cinco puntos acordados, estableceuse que mentres dure o período de suspensión aboarase unha dieta cando o persoal realice nove horas de quenda por atrasos de voos.


FORMACIÓN


Ademais, a empresa comprométese "a propoñer un calendario adecuado para realizar a formación de 2018". A iso, súmase "o pago dunha dieta nesta nómina polos días en que coincidiron días de traballo con formación durante o ano pasado".


Por último, o acordo establece que "se no período de suspensión se alcanza un acordo, o mesmo debería ser ratificado por máis do 50% do persoal", segundo informou o sindicato.


VALORACIÓN DE AENA


Tras o acordo alcanzado, fontes de Aena aseguraron a Europa Press que estiveron "moi involucrados" no conflito co obxectivo de tentar que as partes "se puxesen de acordo".


Antes desta reunión, UXT acusara as empresas de pretender "vulnerar un dereito constitucional" dos traballadores ao establecer uns servizos mínimos do 95% en todos os horarios e quendas na Coruña, e do 100%, no caso de Prosegur.


Os vixiantes de seguridade dos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela convocaran paros parciais a partir do próximo 20 de agosto, para denunciar a "precarización das condicións laborais" e un modelo de sector baseado, segundo argumentaban, "na competencia sobre prezos".


relacionada Os servizos mínimos propostos impiden a folga nos aeroportos galegos
relacionada UXT queda soa na súa convocatoria de folga nos aeroportos galegos
relacionada A crise da seguridade dos aeroportos aterra tamén en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE