Arco Iris pide que se divulgue a identidade e a foto dos incendiarios

A asociación ecoloxista quere que os veciños saiban quen son os "terroristas forestais" que poñen en perigo as súas vidas.


|

Bomberoforestalincendio


A asociación ecoloxista Arco Iris pediu ás forzas da orde que divulguen a identidade e a imaxe dos incendiarios, aos que define como "terroristas forestais".


Nun comunicado remitido aos medios este mércores, a asociación critica que, no caso do detido polo incendio de Mesía, a información facilitada polas forzas da orde consista "unicamente nunhas siglas" e que "teña que ser a sociedade civil a que se busque a vida para investigar a identidade real dun incendiario que puxo en perigo nove veces a vida dos seus veciños".


"Os cidadáns teñen dereito a coñecer con todo luxo de detalles a identidade e a imaxe dos terroristas forestais", sinala Arco Iris, que pide á Xunta que explique cal será a petición de pena que pedirá para o presunto autor deste incendio.


Así mesmo, considera que a Consellería de Medio Rural debe asumir de forma "decidida" os seus compromisos e "emitir un parte (polo menos semanal) con información de todos os focos que se produzan en Galicia (incluso os de menos de 20 hectáreas), detencións e trámites xudiciais en curso".

relacionada De madrugada e con varios focos á vez, así actúan os incendiarios
relacionada Detidos varios incendiarios acusados de provocar decenas de lumes
relacionada 5.000 euros de recompensa por delatar o autor do incendio de Verín

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE