Xira por Galicia do grupo folk galego-catalán O Val das Mouras

A banda, que canta poemas de Rosalía de Castro, arrinca en Arteixo o primeiro dos seus cinco concertos na nosa comunidade.


|

ValmourasCinco concerto en cinco días por Galicia. Foto: Facebook


O grupo de folk galego-catalán O Val das Mouras, que basea a súa proposta musical en poemas de Rosalía de Castro, inicia este martes xira en Arteixo nun concerto no Centro Multiusos de Armentón (21,00 horas).


A xira por Galicia continuará o mércores cun concerto na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 20,00 horas. O xoves, 17 de agosto, estarán en Santiago (A Gramola Café, 22,00 horas). O venres en Vilar de Santos, na Arca de Noé (22,30 horas). Mentres que o 19 de agosto, sábado, tocarán no Festival do Castro, en Pantón.


O Val das Mouras publicou hai dous anos o disco 'Rosalía' baseado na súa obra poética Follas Novas, mentres que sacará proximamente A xustiza pola man, tamén dedicado á escritora padronesa.


A banda de Hospitalet de Llobregat, que comparte nome cun lendario bosque galego, está formada por Laura Lorenzo (voz), Joana Marcé (frauta), David Fernández (guitarra), Álex Rodríguez (violoncelo) e Carles Mesa (percusión).

relacionada A TVG comeza o rodar a primeira ficción sobre a vida de Rosalía de Castro
relacionada Unha biografía "revisita" a figura de Rosalía de Castro desde a perspectiva de xénero
relacionada Luz Casal homenaxea a Rosalía de Castro en Xapón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE