Descartan a motivación terrorista nun atropelo intencionado en París
O condutor, de orixe alxerina e cun "perfil psicolóxico inestable", foi detido só pouco despois.
O condutor ten un "perfil psicolóxico inestable".
O fiscal francés, Eric de Valroger, descartou que o atropelo intencionado este luns nunha pizzería nos arredores de París sexa terrorismo e informou de que abriu unha investigación.
Unha nena de 13 anos morreu e 12 persoas resultaron feridas, entre as que catro que se atopan en estado crítico, despois de que o vehículo irrompese de forma intencionada contra a terraza dunha pizzería de Sept-Sorts, nos arredores de París.
O condutor, de orixe alxerina, foi detido tras fuxir do lugar dos feitos. Segundo o portavoz de Interior francés, Pierre-Henry Brandet, o home realizara unha "tentativa de suicidio a semana pasada" e presenta un "perfil psicolóxico inestable".
Escribe o teu comentario