Detido o suposto autor do atropelo de sis militares en París
A policía aínda non pode concluír ao 100% que se trate do atacante, aínda que todos os indicios apuntan a que si.
Lugar do atropelo.
A policía francesa detivo un home sospeitoso de cometer o atropelo que esta mañá deixou tres militares feridos na localidade de Levallois-Perret, nos arredores de París.
O suposto autor está ferido grave e foi capturado cando circulaba nun BMW de cor negra por unha autovía na rexión de Pas de Calais, preto da Canle da Mancha, segundo informa a cadea de televisión francesa BFM.
O individuo tentaba fuxir co seu vehículo para evitar ser arrestado e rematou chocando contra un coche da Policía, que abriu fogo contra el por un xesto sospeitoso.
O home, nacido en 1980, recibiu cinco disparos e foi trasladado a un hospital con prognóstico grave. Segundo a cadea de televisión, non estaba fichado pola Policía, que está a facer comprobacións para determinar se é o home que atropelou os seis militares especializados na loita antiterrorista.
Escribe o teu comentario