Unha ducia de mariñeiros de río participan no 'Flota como poidas' deste ano

O evento de 'artefactos flotantes' de Nigrán conta este ano con sete premios para os mellores e peores inventos.


|

Flotacomopoidas


Un total de doce 'artefactos flotantes' participarán este domingo no 'Flota como poidas' que organiza o Concello de Nigrán (Pontevedra) ás 18,30 horas desde a ponte da Ramallosa, no río Miñor.


O Concello de Nigrán, que asume por segundo ano a organización, premiará o artefacto flotante máis traballado e o máis 'cutre', a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, a tripulante máis vello e máis novo e ao 'Titanic' da edición.


O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela.


O 'Flota como poidas' coincidirá, como cada ano, coa feira de oportunidades 'Portobello' de Ovalmi e constará tamén dunha actuación de Cultura non Camiño.

relacionada Nigrán ocultoulles aos bañistas a contaminación da auga en Praia América

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE