Invitación en vídeo para a manifestación contra a feira taurina de Pontevedra
Os colectivos antitaurinos protestarán o sábado para frear a "barbarie" anual na cidade.
A protesta é o sábado ás 8 na Peregrina.
Pontevedra pasa por ser un dos últimos redutos taurinos de Galicia, aínda que sen demasiado éxito de público. Para frear esta "barbarie" anual, colectivos antitaurinos convocaron unha manifestación este sábado na praza da Peregrina.
E para difundir a súa convocatoria polas redes, acaban de crear un vídeo con escenas dos malos tratos aos animais neste tipo de espectáculos.
Antes, este venres, volverá instalarse no mesmo emprazamento da protesta, ás oito da tarde, o 'Photocall Antitouradas', para que os cidadáns afíns a esta protesta inmortalicen o seu apoio.
Escribe o teu comentario