O concelleiro de Culturas da Coruña defende actividades paralelas á feira do libro

Os organizadores criticaron a programación do concello, que consideraba que o evento ten "esgotado" o seu modelo.


|

JosemanuelsandeJosé Manuel Sande defende a programación paralela.


O concelleiro de Culturas do Concello da Coruña, José Manuel Sande, cualificou de "esgotado" o modelo de organización da feira do libro da Coruña, a cargo da Federación de Librarías de Galicia.


Con iso, respondeu ás críticas desta entidade, que atribuíu o que haxa "unha programación diferente e diferenciada" na feira do libro a unha iniciativa levada a cabo polo Concello, "a través dun grupo de librerías da Coruña".


"Sen comunicar en ningún momento o seu contido aos organizadores da feira, a pesar dos reiterados intentos para unha posta en común", sinalaron nun comunicado difundido o martes.


A preguntas dos xornalistas, Sande avogou por facer unha valoración cando remate a Feira do Libro. Con todo, asegurou que a razón de que se crease "un proceso participativo con libreiros da cidade" obedeceu á "desconformidade por como se executaba estes últimos anos por parte da Federación a feira".


Mentres, defendeu que por parte do Concello hai "un aumento da investimento". "Máis actividades e máis espazos fronte a un modelo xa esgotado", sinalou ao considerar conveniente "reformular" a organización da feira. Das actividades, destacou que haxa unha programación infantil "integramente en galego".

relacionada A Feira do Libro da Coruña abre as súas portas cun cento de actividades

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE