Feijóo limítase a pedirlle á Fundación Franco unha "rectificación"
Mentres os defensores do ditador deixan claras as súas intencións, o presidente da Xunta reclámalles "moderación".
Os defensores do franquismo deixan claras as súas intencións.
O presidente da Xunta pediulle ao portavoz a Fundación Francisco Franco, Jaime Alonso, "moderación e mesura nas súas valoracións" e remarcou que espera e desexa "algunha rectificación" sobre as declaracións que realizou este xoves respecto da figura do ditador.
En declaracións á Sexta, Alonso manifestou que nas visitas que se realizan no Pazo de Meirás, propiedade da familia do ditador, vaise falar da "grandeza de Franco", do que dixo ademais que "non fusilaba a xente".
O portavoz insistiu no seu relato en que "a proba da grandeza de Franco é que 40 anos despois, estes señores teñen a mesma patoloxía dos seus avós e os seus tataravós e non foron capaces de superar a frustración que Franco e o franquismo lles provocou".
Ao ser cuestionado por estas palabras, Feijóo subliñou que estas manifestacións lle preocupan porque son "absolutamente impropias", e apuntou que "non lle fan ningún favor á fundación". "Por tanto, pido que se extreme a cautela nas manifestacións que está a facer", apostilou.
"Unha cousa é que en España cada un teña a súa opinión e haxa liberdade de expresión, pero o que non pode ocorrer é que cando se vai ensinar un ben de interese cultural, como é o Pazo de Meirás, se faga determinada apoloxía ou valoracións subxectivas que confrontan coa lexislación vixente no noso país", mantivo.
Escribe o teu comentario