Galicia é a cuarta comunidade autónoma máis segura para vivir

Baixa lixeiramente a criminalidade, que se mantén "moi por baixo" da media en España, pola caída nos roubos en domicilios.


|

PoliciasagentesBaixan sobre todo os roubos en vivendas.


O Ministerio do Interior publicou o Balance de Criminalidade correspondente ao primeiro semestre do ano, no que Galicia se mantén como unha das comunidades autónomas máis seguras de España. En concreto, leva a cuarta posición, 16 puntos por baixo da media nacional.


Nun comunicado remitido aos medios, a Delegación do Goberno en Galicia indicou que a comunidade galega sitúa o seu índice de criminalidade en 27,3 puntos, "moi por baixo" dos 43,3 puntos que corresponden á media nacional.


Segundo apuntou Interior, Galicia rexistrou no primeiros seis meses do ano (de xaneiro a xuño) un total de 35.883 delitos e faltas; o que supón un descenso da criminalidade do 0,7% con respecto ao mesmo período en 2016, cando se rexistraron 36.119.


A CORUÑA AUMENTA AS INFRACCIÓNS


Do mesmo xeito que a taxa de criminalidade do conxunto de Galicia, a taxa de cada unha das catro provincias galegas "mantense por baixo da media nacional".


Así pois, na Coruña o índice sitúase en 29,2 puntos e, aínda que se mantén por baixo da media nacional, dáse un aumento nas infraccións, que pasan de 15.677 a 15.884. Este aumento reflíctese nos delitos relacionados con drogas, que soben un 20,4%.


Con todo, destaca a redución do 17,2% nos roubos con violencia e intimidación e o descenso nun 33,3% en asasinatos e homicidios.


RESTO DE PROVINCIAS


Pola súa banda, as infraccións na provincia de Lugo descenderon un 5,3%, pasando de 3.511 no mesmo período de 2016 a 3.326 en 2017. O maior descenso global vese reflectido nos delitos contra o patrimonio e os roubos con forza en domicilios.


Do mesmo xeito, descenderon nun 50% os delitos relacionados con abusos a menores, e nun 18,5% as infraccións relacionadas co tráfico de drogas.


En Ourense, a taxa de criminalidade descendeu a 22,9 puntos fronte aos seis primeiros meses de 2016, onde se situaba nos 23,6 puntos. Do mesmo xeito que en Lugo, os roubos con forza en Ourense tamén se reduciron, concretamente nun 29,4%. Ademais, os furtos caen un 10%.


Por último, Pontevedra mantén a súa criminalidade nuns 28,9 puntos, e as infraccións penais pasan de 13.171 en 2016 a 13.124 este ano; o que supón un descenso do 0,4%.


De acordo a Interior, baixaron "significativamente" os roubos con violencia en domicilio, cun 37% menos. Ademais, caen nun 16% as subtraccións de vehículos e nun 100% os casos de corrupción de menores.


Destaca nesta provincia o aumento dos homicidios e asasinatos, rexistrándose catro neste semestre fronte a tan só un durante o mesmo período de 2016.

relacionada Lugo está entre as seis provincias "máis seguras" de España
relacionada O SUP cifra en 600 o déficit de axentes de Policía Nacional en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE