O Castelo Rock comeza este venres en Muros a súa XIV edición

Os días do festival celebraranse actividades gratuítas en diferentes emprazamentos do casco antigo da vila.


|

Castelorockcartel


A XIV edición do Festival Castelo Rock arrinca este venres no municipio coruñés de Muros con Soziedad Alkoholika, Reincidentes e Def Con Dos como cabezas de cartel.


O evento, que organiza a asociación ACRD Praia do Castelo e que se celebrará os días 4 e 5, terá lugar no polígono industrial de Muros, onde os asistentes poderán gozar, ademais, de bandas como Kaotiko, Nao ou Rebeliom do Inframundo.


Os interesados en acudir poderán adquirir o bono de dous días ou as entradas para unha xornada a través da web do festival. Tamén estarán dispoñibles nos puntos de venda físicos habituais así como nas oficinas de Correos.


Ademais dos concertos, os días do festival celebraranse actividades gratuítas en diferentes emprazamentos do casco antigo de Muros para "converter o pobo enteiro nunha festa" na que poida participar o público de todas as idades, explicou a organización.


Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o Festival Castelo Rock habilitará unha zona de acampada próxima ao recinto principal, dotada de baños e duchas para garantir a comodidade dos visitantes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE