Extinguido o incendio forestal que empezou o venres en Monterrei
As chamas levaron por diante algo máis de 190 hectáreas, segundo as últimas estimacións.

O incendio de Monterrei comezou o venres.
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que afectaba desde o pasado venres ao municipio ourensán de Monterrei e que, segundo as súas estimacións, queimou algo máis de 190 hectáreas.
Tal e como lembrou a Xunta, o incendio comezou na tarde do pasado venres na parroquia de Flariz, en Monterrei, e quedou extinguido pouco antes das 21,00 horas do martes.
Na súa extinción traballaron dous técnicos, 21 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, unha pa, 11 helicópteros e catro avións. Segundo as estimacións oficiais, a superficie afectada é de 190,08 hectáreas.
    
					
                        Case 300 hectáreas devoradas polo lume esta fin de semana en Ourense
                    
Escribe o teu comentario