O xuíz rebaixa as medidas cautelares contra Villar
Poderá saír de prisión provisional se paga unha fianza de 300.000 euros. Tamén ao seu fillo Gorka e ao ex vicepresidente lles concede esa posibilidade.
Villar estaba en prisión incondicional.
O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz impuxo unha fianza en metálico de 300.000 euros para o ex presidente da Real Federación de Fútbol Española Ángel María Villar, rebaixando así as medidas cautelares que impuxo o pasado 21 de xullo cando acordou a súa prisión incondicional no marco da operación Soule.
O maxistrado ditou un auto no que tamén rebaixa as medidas cautelares para o fillo de Villar, Gorka, ao que impón unha fianza de 150.000 euros e para o ex vicepresidente económico da RFEF Juan Antonio Padrón, que deberá pagar 300.000 euros para saír do cárcere.
Escribe o teu comentario