As asociacións de mulleres sinalan carencias no acto de Estado sobre Violencia de Xénero

Considérano "insuficiente" e piden máis medidas de protección, pero esperan poder mellorar o que é un "acordo de mínimos".


|

Violenciamachista 3As mulleres esperan mellorar o Pacto de Estado.


As asociacións de mulleres reivindicaron que o Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero aprobado este venres 28 de xullo no Congreso sen unanimidade a falta dos sete votos de Unidos Podemos é "insuficiente" e afirman que faltan "modificacións lexislativas e xudiciais", así como medidas de maior protección ás mulleres.


En declaracións a Europa Press, a presidenta da Fundación Mujeres, Marisa Soleto, afirmou que "a expectativa dun Pacto de Estado é algo máis que un conxunto de medidas". Neste sentido, sinalou que faltan modificacións lexislativas e de tema xudicial, pois sinala que "hai un problema coa xustiza" posto que "non sempre é unha solución para as mulleres, vitimízaas e protéxeas mal".


Con todo, a vicepresidenta da Fundación Mujeres, destacou que o Pacto "era un exercicio necesario" nun contexto no que "non se fixo unha avaliación seria da lei" e que, a pesar de que se trate dun "acordo de mínimos", espera que se poida "seguir traballando" e que "os mecanismos de seguimento dean conta de que o que esta recollido se cumpra".


Podes ampliar esta información en Catalunyapress.

relacionada Unha axente de paisano freou a agresión machista de Compostela
relacionada Aumentan un 16% as denuncias por violencia machista en Galicia
relacionada 27 mulleres e 5 menores foron asasinados por violencia machista en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE