O parque de skate da Malata lembrará para sempre a Ignacio Echeverría

Ferrol rende homenaxe ao heroe asasinado nos atentados de Londres coa colocación dunha placa.


|

IgnacioecheverriaferrolskateFerrol instala unha placa en homenaxe a Ignacio Echeverria.


A corporación local de Ferrol rendeu homenaxe a Ignacio Echeverría, que naceu na cidade e foi asasinado nos atentados de Londres do mes de xuño, coa colocación dunha placa na súa memoria no parque de 'skate' da cidade.


Trátase dunha "pequena homenaxe a nivel local", segundo destacou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a unha persoa que naceu no hospital ferrolán. O emprazamento elixido, as instalacións de 'skate' contiguas ao estadio municipal da Malata, responde a que Echeverría era afeccionado ao monopatín, segundo lembrou Suárez.


Desta forma dáse cumprimento ao acordo da Xunta de Portavoces do pasado 12 de xuño, na que se acordou instalar unha placa conmemorativa en homenaxe ao mozo, que foi asasinado nos atentados da capital inglesa.


Suárez sinalou que Echeverría foi "vítima dunha barbarie, dun conflito internacional" que require de "medidas doutro tipo" para a súa solución, ao seu xuízo.


A placa inclúe o seguinte texto: 'o Concello de Ferrol en recordo de Ignacio Echeverría, que deixou a súa vida defendendo as nosas liberdades contra a barbarie e o despropósito do terrorismo en Londres o día 3 de xuño de 2017. Homenaxe do pobo de Ferrol polo seu acto heroico e exemplar'.

relacionada Confírmase que Ignacio Echeverría morreu dunha puñalada nas costas
relacionada O Goberno concede a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil a Ignacio Echeverría
relacionada Loito en Galicia e España por Ignacio Echeverría

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE