A D.O. de Valdeorras duplica as súas exportacións en cinco campañas

Este fin de semana celébrase a XX Feira do Viño. Esta demarcación facturou en 2015 case 25 millóns de euros.


|

VinoblancoCase o 9% da súa produción véndese ao estranxeiro.


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou este sábado na inauguración da XX Feira do Viño de Valdeorras, onde felicitou á Denominación de Orixe por duplicar, en cinco campañas, as súas exportacións. De feito, a titular destacou que o viño é o sector agroindustrial galego que máis vende no estranxeiro.


Segundo datos da Xunta, na última vendima incrementáronse as exportacións nun 118,5 por cento, en comparación á campaña 2010/2011. Ademais, a D.O. de Valdeorras destina o 8,9 por cento da produción ás vendas no estranxeiro.


Este viño foi regulado por primeira vez en 1967, polo que celebra en 2017 o seu 60º aniversario. Ángeles Vázquez quixo felicitar os viticultores e adegueiros da comarca pola súa historia e pola súa contribución a un sector "tan competitivo".


No plano económico, o consello regulador de Valdeorras produciu en 2016 máis de 4.600 toneladas de viño, cun valor económico estimado superior aos 24,5 millóns de euros.


Valdeorras recibiu en 10 anos máis de 1,6 millóns de euros en subvencións da Xunta. O pasado ano, a Consellería do Medio Rural proporcionou 1,7 millóns aos consellos reguladores para gastos derivados dos controis de calidade, custos de funcionamento e promoción.

relacionada A Xunta avaliará os danos das xeadas nas vides antes de implementar axudas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE