Silva fai balance do seu mandato: "Máis equidade e máis servizos"

Cumpre dous anos á fronte da Deputación de Pontevedra e defende que os fondos agora se reparten entre os concellos con "criterios obxectivos e bases transparentes".


|

TartadeputacionpontevedraO goberno provincial soprou as candeas do ecuador do mandato.


O salón de actos da Deputación de Pontevedra acolleu este venres a celebración do segundo aniversario do Executivo provincial no que a presidenta, Carmela Silva, realizou un balance da súa xestión, que resumiu baixo o lema de "máis equidade e máis servizos" co "cambio" como eixo.


Ao acto asistiron os alcaldes de Pontevedra, Vigo, Poio, Lalín, Vilagarcía, Cambados, Barro, Catoira ou Vilaboa e ningún do Partido Popular, do mesmo xeito que tampouco asistiron os deputados provinciais desta formación. Ademais, houbo representantes de empresas, de confrarías, clubs deportivos, asociacións benéficas e culturais.


O longo discurso de Carmela Silva arrincou cunha referencia á relación cos concellos "de igual a igual" con independencia da súa cor política. "Porque onde hai democracia non hai supremacías", engadiu.


A presidenta provincial remarcou que, durante o presente goberno entre PSOE e BNG, a deputación "pasou de ser oscurantista e irregular" a optar pola "escoita activa da sociedade, a derriba dos privilexios e o respecto da autonomía" a través da transición do "presidencialismo á decisión colaborativa" que supuxo "a fin da libre disposición e o modelo clientelar".


CRÍTICIAS A LOUZÁN


O vicepresidente César Mosquera tamén tomou a palabra no acto para criticar a anterior etapa co popular Rafael Louzán á fronte da institución.


"Socialmente quen cre ter algún privilexio se se lle corta vai protestar e quen ten dereito á prestación seguramente estará calado", aseverou, para logo poñer como exemplo as protestas pola instalación de reductores de velocidade na estrada. "A inmensa maioría dos veciños están a favor dos lombos", apostilou.


Así, Silva defendeu que a Deputación destina o 40% do seu orzamento anual (preto de 68 millóns de euros) aos concellos; uns fondos que son repartidos con "criterios obxectivos e bases transparentes".


O acto concluíu cunha sorpresa, da man do deputado nacionalista Xosé Leal, que levou unha gran torta de amorodos con nata para que todo o goberno provincial soprase as dúas candeas.

relacionada Os bailes de Abel Caballero e Carmela Silva arrasan na rede
relacionada A Deputación de Pontevedra fai campaña para evitar agresións sexuais en festivais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE