PSOE, Podemos e Cs abandonan a "farsa" da comisión de financiamento de partidos

Denuncian que o plan de traballo do PP no Senado se centra en estudar as contas do resto de partidos menos o propio.


|

ComisionsenadofinanciacionpartidosInicio da comisión de investigación.

Os grupos parlamentarios de PSOE, Unidos Podemos e Ciudadanos no Senado anunciaron este xoves que renuncian a participar na comisión de investigación de financiamento de partidos na cámara, que cualificaron de "farsa". Por tanto, non formularán ningunha pregunta aos comparecentes, nin volverán mentres siga en pé o plan de traballo establecido polo PP, que se centra en estudar as contas do resto de partidos menos o propio, segundo denuncia a oposición.


Tras ler unha queixa conxunta na propia comisión e abandonar en grupo a sala, os portavoces de PSOE, Tontxu Rodríguez, Unidos Podemos, Pilar Garrido, e Ciudadanos, Javier Alegre, compareceron para informar de que non regresarán á comisión mentres continúe cun guión "manipulador e que está viciado desde o seu inicio", sinalou o senador socialista en nome dos tres grupos.


Amplía esta información en Pressdigital.

relacionada Conde Roa declara polas sospeitas sobre o financiamento do PP de Santiago
relacionada O PP quéixase de que a investigación sobre a súa 'caixa b' é "inquisitorial" e non descarta levala aos tribunais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE