Conde Roa declara polas sospeitas sobre o financiamento do PP de Santiago
Fora citado hai máis dunha semana no xulgado, pero non acudiu xustificando que actualmente vive en Alemaña.
Conde Roa, nunha visita anterior ao xulgado.
O ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, acudiu este luns "tranquilo" ao xulgado para someterse ao interrogatorio en relación a un suposto financiamento irregular do PP de Compostela, unha cuestión que forma parte dunha peza separada da Operación Pokémon.
O ex rexedor chegou aos xulgados lucenses pouco antes das 10,00 horas e rexeitou realizar manifestacións ante a prensa. Con todo, interpelado sobre se se atopaba tranquilo, dixo que si, "como sempre", e indicou que acode a declarar "encantado" e "sen ningún problema".
A peza da Pokémon que afecta ao PP compostelán ten que ver con 17 ingresos bancarios que se fixeron en efectivo por un importe que ascende a case 27.000 euros, que non foron unha doazón e que figuran na documentación remitida polo banco. A cifra estaría vinculada ás municipais de 2011.
Hai pouco mais dunha semana, acudiu tamén como investigado por esta mesma cuestión o que fora concelleiro no Concello de Santiago durante a etapa de Conde Roa como alcalde, Albino Vázquez.
Escribe o teu comentario