Galicia volverá representar a España na negociación das cotas pesqueiras

O próximo semestre, a Unión Europea avanzará en asuntos relacionados co Brexit e os límites de capturas.


|

Pesqueropesca


Galicia, a través da Consellería do Mar, representará durante o próximo semestre ao resto das comunidades autónomas ante a Unión Europea en materia de pesca.


Así se acordou na tarde deste luns en Madrid no Consello Consultivo de Política Pesqueira para asuntos comunitarios no que participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana.


Castela e León cede á comunidade galega este posto, o que permitirá a Galicia unha vez máis "ter voz en Europa". A consellería afronta esta representatividade nun momento "clave", segundo destaca nun comunicado, xa que permitirá estar preto de procesos "de vital interese" para o sector galego, por exemplo o 'Brexit' e a negociación dos TAC e cotas de pesca do ano que vén.

relacionada Os emigrantes e a pesca, preocupacións galegas fronte ao Brexit
relacionada A UE avoga por protexer as artes tradicionais de pesca coma o xeito

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE