Dous mozos devolven a Ezequiel Mosquera unha carteira cunha importante suma de diñeiro
O ciclista daba por perdida a cantidade que retirou dun banco en Santiago para ingresala noutra entidade.
O ciclista galego Ezequiel Mosquera.
Cando xa a daba por perdida, o ciclista Ezequiel Mosquera recuperou unha carteira extraviada con 2.500 euros que extraviara en pleno centro de Santiago.
Tal e como recollen distintos medios de comunicación, segundo o seu relato, Mosquera retirara o diñeiro dunha sucursal santiaguesa para ingresalo noutro banco, lugar no que se deu conta de que non levaba nin o diñeiro nin a documentación.
Foron os documentos do seu interior os que levaron aos axentes a localizar rapidamente o ciclista, tras serlles entregada por parte de dous mozos pasado o mediodía do xoves. Ezequiel contactou coa moza que fixo a entrega á policía para agradecerlle a devolución e afirma que ten intención de facerlles un agasallo polo xesto.
Escribe o teu comentario