O polbo volve ás nasas

Arrinca este luns a campaña extractiva en toda Galicia, de momento sen data anunciada para o inicio da nova veda.


|

Polbo 1



O ingrediente principal dun dos pratos estrela da nosa gastronomía volve poder capturarse. Este luns 3 de xullo comeza en Galicia a campaña extractiva do polbo, que se prolongará ata a data de inicio da veda do ano 2018. En concreto, esta fixarase polo correspondente plan que se publicará antes da seguinte veda.


Segundo establece o plan desta campaña, a partir deste luns e ata o 30 de agosto, a cota máxima de captura desta especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádenselle 30 quilogramos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos diarios.


No que resta de campaña, a cota máxima será de 50 quilogramos por embarcación e día, cantidade á que se lle engaden 50 quilogramos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilogramos diarios.


O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 6:00 horas --poden saír do porto ás 5,00 horas-- e finalizará ás 16,00 horas. O descanso semanal desenvolverase desde as 16,00 horas do venres ata as 6,00 horas do luns. O número de nasas permitido depende do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados.


En determinadas zonas, as nasas terán que levantarse do seu caladoiro e levar a porto todos os días, con algunhas excepcións. Mentres, noutras zonas do litoral galego, as nasas poderán permanecer no seu caladoiro sen ser levadas a porto, mesmo durante o período de descanso semanal.


A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo por Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados para o efecto.

relacionada 30 barcos partirán de Burela para a costeira do bonito
relacionada Os 28 debaten delegar nos países a adopción de medidas restritivas de pesca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE