30 barcos partirán de Burela para a costeira do bonito
O patron da Confraría de Pescadores da localidade non oculta as súas baixas perspectivas despois de que o ano pasado "fose un desastre".
O patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela (Lugo) e presidente nacional da xunta de confrarías, Basilio Otero, calcula que "sobre 30 barcos" partirán do porto lucense para a costeira do bonito deste ano.
"Se non esta semana para a que vén xa sairán. Esperarán a que pasen as festas (de Burela, esta fin de semana). Este ano hai poucos barcos de gran porte que saian, serán máis pequenos e estes saen tamén máis tarde", indicou.
Basilio Otero augura que para esta campaña sairán menos barcos, despois de que o pasado ano fose "un desastre".
Non oculta a súa incerteza e advirte que "non son perspectivas boas para as armadores xa que moitos barcos grandes de porte non van ir porque o ano pasado foi un desastre de campaña e este ano moitos non queren repetir".
"Tamén houbo problemas cos peláxicos", concluíu.
Escribe o teu comentario