A XXVI Festa do Pan de Cea prevé repartir 3.000 pezas este domingo
A programación estenderase todo o fin de semana, haberá unha homenaxe a panadeiros e panadeiras xubilados e actuacións musicais.
A XXVI Festa de Exaltación do Pan de Cea terá este domingo a súa xornada grande, para a que se prevé a venda de 3.000 pezas deste produto no campo da Saleta, lugar de celebración do evento.
A programación estenderase durante todo o fin de semana, con pasarrúas a cargo de charangas, e a recepción de autoridades e lectura do pregón, que se prevé para as 12.30 horas, a cargo da reposteira Merchi Rodal e o cociñeiro Carlos Parra.
O acto central estará seguido por unha homenaxe ás panadeiras e panadeiros xubilados, ademais de actuacións musicais.
Escribe o teu comentario