Alertan dun calote de falsos cobradores da auga en Ourense

|

Grifoagua


A empresa ViAQUA e o Concello de Ourense alertan aos veciños da cidade ante as informacións recibidas por parte de varios usuarios do Servizo Municipal de Auga de casos de estafa efectuados por persoas alleas á empresa que se están facendo pasar por cobradores da auga.


Segundo as informacións recadadas por ViAQUA, estes individuos preséntanse nas vivendas afirmando ser empregados da empresa concesionaria do Servizo de Auga no Concello de Ourense, solicitando o pago en efectivo dalgún importe pendente, e comunicando ao usuario afectado que lle cortarán a subministración de auga de maneira immediata se non abona o importe solicitado.


COMO EVITAR SER VÍTIMA


Desde ViAQUA lembran a todos os clientes que por parte da empresa "non se realiza ningún tipo de cobro en efectivo de recibos en domicilios".


Ademais, os empregados de ViAQUA sempre "van uniformados e identificados".


Por último, lembran que ante calquera dúbida recoméndase aos usuarios que contacten directamente ás súas oficinas, ben por teléfono chamando ao 988 250 088; ou de maneira presencial acudindo ás mesmas na rúa Avilés de Taramancos nº 6 baixo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress