Pais e alumnos protestan en Santiago contra o peche de centros educativos

Representantes do Emilio Navasqüés de Outes e do Tomás de Lemos de Ribeira concentráronse durante unha hora en San Caetano. 


|

Folgaensinopechecentros// cig-ensino.gal


Centos de persoas entre os que se atopa unha ampla representación de pais e alumnos das localidades afectadas polo peche de centros educativos e o traspaso de unidades presentado pola Consellería de Educación marchan por Santiago en defensa da educación no rural e contra os recortes no sistema público.


Un grupo numeroso de representantes dos centros Emilio Navasqüés de Outes e do CPI Tomás de Lemos de Ribeira concentrouse durante máis dunha hora ante as instalacións da consellería en San Caetano.


Pasado este tempo, uníronse centos de persoas procedentes das Pontes e do CPI Monte Caxado para iniciar unha manifestación que rodeará o edificio da Xunta de Galicia. A mobilización está apoiada por distintos sindicalistas como Suso Vermello, da CIG; e os portavoz dos grupos de En Marea, PSdeG e BNG, entre outros representantes políticos.

relacionada Rodríguez, sobre o peche de escolas: "Todo está baseado nunha gran mentira"
relacionada En Marea esixe a dimisión do conselleiro de Educación polo peche de colexios
relacionada Educación bota o peche a varios centros o próximo curso "sen previo aviso"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE