Familiares e achegados do mozo asasinado en San Xoán marchan para pedir Xustiza

O pai do mozo de 25 anos que faleceu dun disparo na praia de Arealonga, lamenta que o presunto asasino "saíu cazar e cazou". 


|

Marchacontraviolencia


Varios centos de persoas, familiares, achegados e coñecidos do mozo que na pasada noite de San Juan faleceu dun disparo na praia de Arealonga, na parroquia redondelana de Chapela, participaron nunha marcha este mércores para esixir "que se faga Xustiza, e que non haxa máis asasinatos, máis crimes, e se acabe coa violencia dunha vez".


A marcha, na que estiveron presentes tamén os pais, a irmá e unha tía do falecido, saíu pouco antes das 12,00 horas deste mércores desde o instituto no que estudou este mozo, o IES de Teis, en dirección á praia na que perdeu a vida.


En declaracións aos medios, o pai do mozo lamentou que o presunto asasino, para o que o xulgado decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza, "saíu a cazar e cazou"; ante o que a tía do mozo, visiblemente afectada, instou á Xustiza a "facer algo" e que "esa persoa non salga do cárcere". "Porque conforme matou o meu sobriño, puido matar a máis xente", advertiu.

relacionada Un home mata dun disparo un mozo de 25 anos en Chapela na noite de San Xoán
relacionada Prisión provisional para o presunto autor do crime da noite de San Xoán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE