Capturan unha víbora "moi venenosa e perigosa" nunha vivenda de Bembrive

Trátase dun tipo de serpe que non se debe tocar e que non se adoita achar nos montes e campos vigueses. 


|

Vboravenenosa


Axentes da Unidade Ambiental de Intervención Rural (UMIR) da Policía Local de Vigo capturaron unha víbora de Seoane, unha especie de serpe "moi venenosa e perigosa", nunha vivenda de Bembrive, na cidade olívica.


Tal e como informou a Policía Local, sobre as 13,30 horas deste luns os moradores dunha casa situada no Camiño Cerdeiros solicitaron a presenza policial porque localizaran a unha serpe no acceso á vivenda, encima duns fentos.


Os axentes capturaron ao animal a man e devolvérona ao seu hábitat natural. Trátase dunha víbora que non se debe tocar e que non se adoita achar nos montes e campos vigueses, lembrou a Policía Local, que puntualizou que a pesar diso "hai bastantes" exemplares en Galicia e pediu prudencia se se localiza unha.

relacionada Un neno de dez anos, ingresado por unha posible mordedura de víbora no seu colexio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE