O réptil xa vaga libre de novo tras darlle un gran susto aos propietarios dunha casa nos arredores da cidade, que tiveron que chamar á Policía.
Trátase dun tipo de serpe que non se debe tocar e que non se adoita achar nos montes e campos vigueses.
A Policía Local encargouse de capturar o animal, que se trata dunha 'Rhinechis scalaris' ou 'cobra de escaleira'.