Detido o noivo da moza de 16 anos agredida en Lugo

Rompeulle o móbil e causou danos na vivenda da nai dela, antes de autolesionarse nun brazo cun coitelo e saír correndo. 


|

Ruadoutorgasalla


Efectivos da Policía localizaron e detiveron na mañá deste martes á parella dunha menor de 16 anos de Lugo á que, supostamente, agrediu o sábado, tras tamén romperlle o móbil, causando diversos danos no mobiliario do domicilio da súa nai, antes de autolesionarse nun brazo cun coitelo e saír correndo da vivenda.


Os feitos sucederon sobre as 13,05 horas do pasado 24 de xuño, cando unha dotación da Policía local trasladouse á Rúa Doutor Gasalla, para atender un requirimento por un suposto episodio de violencia machista sobre unha menor.


O aviso produciuse a través dunha chamada recibida polo 092 dunha muller que se identificou como a nai da vítima.


Unha vez no lugar, a moza explicou que, momentos antes, a súa parella, D.M.L., volveuse "moi agresivo", rompéndolle tamén o móbil e causando danos na casa da nai. Posteriormente, autolesionouse nun brazo cun coitelo e saiu correndo.


A Policía local concreta que a menor se trasladou, acompañada do seu titor legal, a un centro médico para ser atendida das lesións. Posteriormente, formulou denuncia contra a súa parella.


Tras coñecer a agresión, os axentes realizaron unha batida pola zona para tentar localizar ao suposto agresor, sen resultado positivo. Finalmente, o sospeitoso foi detido na mañá deste martes e permanece en comisaría. Na parella había "antecedentes" por feitos similares rexistrados previamente.

relacionada Aumentan un 16% as denuncias por violencia machista en Galicia
relacionada En paradoiro descoñecido un mozo tras agredir a súa parella de 16 anos en Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE