Localizan en bo estado á moza de 15 anos desaparecida en Culleredo

|

Milenagalvizdesaparecida


O dispositivo de procura localizou á moza de 15 anos, Milena Gálviz, que permanecía desaparecida desde o pasado martes en Culleredo (A Coruña).


Segundo avanzaron fontes da investigación, a menor apareceu na zona de Labañou, na Coruña, xunto a outra moza, Aida Xesto, que tamén figuraba como desaparecida.


Así mesmo, segundo indican as mesmas fontes, uns amigos encargábanse de cubrir a ambas, que non querían volver a casa. As dúas están en perfecto estado de saúde.


A nova, que estuda no IES Rego da Travesa do Burgo, desprazouse o martes, supostamente, a facer unha tatuaxe ata A Coruña, e desde entón non se tiñan noticias dela. A súa nai puxo a denuncia por desaparición a última hora do martes.


No momento da súa desaparición, a moza vestía un vestido negro con tirantes, unha camiseta branca con raias negras e unhas zapatillas deportivas tamén negras. Non levaba documentación. No operativo para tratar de localizar á moza colaboraron a Policía Local, Nacional e a Garda Civil.

relacionada Buscan unha moza de 15 anos desaparecida en Culleredo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress