Buscan unha moza de 15 anos desaparecida en Culleredo
A policía cre que a ausencia é "voluntaria" e barallan que poida atoparse na cidade de Ourense.
As forzas de seguridade tratan de localizar unha moza de 15 anos, Milena Gálviz, que permanece desaparecida desde o martes en Culleredo, unha ausencia que a Policía cre que é "voluntaria".
Segundo informaron fontes deste corpo, a moza, que estuda no IES Rego da Travesa do Burgo, desprazouse o martes, supostamente, facer unha tatuaxe ata A Coruña, aínda que se descoñece onde, e, desde entón, non se teñen noticias dela. A súa nai puxo a denuncia por desaparición a última hora do martes.
No momento da súa desaparición, a moza vestía un vestido negro con tirantes, unha camiseta branca con raias negras e unhas zapatillas deportivas tamén negras. Non levaba documentación.
Milena Gálviz mide entre 1,62 e 1,65 metros, ten o pelo longo e liso, a tez morena e os ollos negros. A Policía considera que podería estar na cidade de Ourense.
Escribe o teu comentario