Volven as choivas este domingo

A situación atmosférica será inestable, con ceos pouco nubrados ou despexados durante a mañá crecendo nubes de evolución a partir do mediodía. 


|

Lluviageneral


Na xornada deste domingo Galicia estará nunha área indefinida entre as altas presións en superficie e unha pequena bolsa de aire frío en altura que deixará unha situación atmosférica inestable.


Deste xeito, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados durante a mañá, crecendo nubes de evolución a partir do mediodía. Así, poderanse rexistrar chuvascos de carácter tormentoso á tarde, máis probables no interior e que serán localmente fortes no leste das provincias de Lugo e Ourense.


Pola súa banda, o vento soprará frouxo do nordeste, con intervalos de moderado no terzo norte. As temperaturas mínimas estarán sen cambios significativos e as máximas experimentarán un moderado ascenso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE