Tres mozos resultan feridos nun accidente de tráfico en Xove
Por outra banda, unha colisión entre dous vehículos en Cambre deixou feridas as súas dúas condutoras | Outro accidente en Zas saldouse cun motorista ferido de gravidade.
Tres mozos resultaron feridos este sábado nun accidente rexistrado cando circulaban pola CG-2.3, á altura da rotonda do municipio lucense de Xove.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 8,00 horas, momento no que o vehículo no que viaxaban os mozos envorcou.
ACCIDENTE EN CAMBRE
Por outra banda, unha colisión entre dous vehículos deixa feridas as súas dúas condutoras. Ocorreu en Cambre, nunha vía de servizo paralela á autovía, na zona de San Vicente.
Foi un particular o que chamou ao 112 Galicia minutos despois das 6,00 horas desta madrugada para alertar do sinistro.
ACCIDENTE DE MOTO EN ZAS
Un motorista de 30 anos resultou ferido de gravidade na madrugada de este sábado en Zas tras caer da moto coa que circulaba.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, os feitos ocorreron ás 5,00 horas no núcleo de San Cremenzo de Pazos.
Escribe o teu comentario