Ourense lanza unha campaña para reducir a contaminación por cabichas de cigarro

'Á caza da cabicha' pretende sensibilizar e concienciar sobre este problema ambiental, valéndose dun 'cabichómetro'. 


|

Cazadacabichaourense


O Concello de Ourense acaba de iniciar a campaña de concienciación 'Á caza da cabicha', co obxectivo de sensibilizar e concienciar os ourensáns fumadores do problema ambiental que ocasiona tirar as cabichas do tabaco ao chan, servíndose ademais dun revolucionario invento: o 'cabichómetro', que servirá para medir o nivel de cabichas por barrios. 


A campaña é resultado da colaboración das concellerías de Voluntariado, Medio Ambiente, Limpeza e Seguridade Cidadá, e a empresa concesionaria do servizo de limpeza, Ecourense, e será desenvolvida por Sustinea.


Durante catro venres do mes de xuño e todos os venres do mes de setembro percorrerá os barrios de O Couto, A Ponte, o centro, Lagoas e Posío.


"Participarán catro grupos de voluntarios co papel de informadores e educadores ambientais, e dúas ou tres persoas dentro de cada grupo caracterizadas, co fin de visibilizar o problema e propoñer solucións encamiñadas é redución das cabichas na cidade", explican desde o Concello nun comunicado.


As accións de rúa englobadas nesta campaña estenderanse durante 9 semanas (os días 9, 16, 23 e 30 de xuño, e 1, 8, 15, 22 e 29 de setembro), pola mañá. Na última semana de xuño quedará exposto o cabichómetro na rúa do Paseo. Desde o 1 de xuño o concello comezará a traballar cos establecementos e bares, "para que se somen a campaña e podan acoller o selo distintivo".


TRES ACTUACIÓNS


Dentro da campaña desenvolveranse tres accións. En primeiro lugar, cada cada grupo de voluntarios realizará a recollida de cabichas que serán gardadas en envases por cada barrio, marcando a cantidade que en cada un deles se están depositando no chan. Ao día seguinte, colocarán na rúa do Paseo uno 'cabichómetro', como o que hai nas illas Cíes, no que se presentarán todas as cabichas recollidas en todos os barrios propostos.


Co fin de "visibilizar este problema e propoñer solucións encamiñadas á redución das cabichas na cidade", ao mesmo tempo que se recollen as cabichas, voluntarios informarán os cidadáns do "grave problema" de tirar as cabichas sen control ao chan, aos espazos naturais, ou nos parques infantís: "non só afean a nosa cidade, tamén son un dano ambiental xa que son un elemento non biodegradable", indican desde o Concello.


PERFORMANCE


Ademais, os voluntarios farán unha performance con dúas ou tres persoas "caracterizadas dunha maneira rechamante", representando un futuro sen aire limpo e con cidades cheas de lixo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE