Compostela celebra o San Xoán con 60 fogueiras públicas e máis de 280 privadas

A noite máis máxica do ano é tamén una das máis perigosas: hai que ter en conta o risco de incendio, deixar as cacharelas apagadas e realizar saltos de forma segura. 


|

Hoguerasanjuan


O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia de Santiago, Xan Duro, informou de que están autorizadas 60 fogueiras públcias e 282 privadas en Santiago, e explicou que as cifras poden variar, sobre todo no relacionado coas cacharelas privadas "porque aínda que o prazo para solicitar o permiso xa finalizou é habitual que moitos veciños e veciñas se despisten e esperen ao último día".


Con todo, o concelleiro fixo un chamado ao sentido común e á responsabilidade da veciñanza "para evitar incidentes na noite de San Xoán, nun momento no que estamos no alto risco de incendios"


Xan Duro lembrou as normas de seguridade para as cacharelas, insistindo en que "vimos da primavera máis seca da historia e o risco de incendios é moi alto, o que fai indispensable que a veciñanza actúe con responsabilidade, sobre todo no ámbito rural". O concelleiro explicou que as fogueiras do ámbito urbano non poden exceder os dous metros de diámetro, os seis de perímetro, nin o metro de altura; mentres que na zona rural a cacharela non pode medir máis de tres metros de diámetro, nove de perímetro nin tres metros de altura.


O edil incidiu na importancia de respectar a distancia esixida entre as fogueiras e os edificios, árbores ou mobiliario urbano, que será dun mínimo de 12 metros, salvo na zona urbana. Tamén haberá que ter coidado de que as fogueiras non estean baixo tendidos eléctricos, e está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, aceites ou calquera substancia inflamable. A hora límite de recollerse será as 3:30 horas da madrugada, e os organizadores deberán deixar as cacharelas totalmente apagadas.


SALTOS SEGUROS 


O concelleiro tamén apelou á responsabilidade á hora de cumprir coa tradición de saltar as cacharelas. A primeira recomendación é "non tentar o salto despois de consumir alcol". Ademais, é preciso levar o calzado idóneo (nin chanclas nin zapatos de tacón), e roupa que non sexa frouxa para que non enganche con calquera pola ou pau. Tamén é recomendable que o salto se faga nun só sentido e só, porque non todas as persoas levan a mesma velocidade e capacidade de impulso.


CORTES DE TRÁFICO 


O edil deu conta dos cortes de tráfico previstos por mor das cacharelas. Así, a tradicional fogueira de Pelamios obrigará a pechar a circulación a partir das 17.00 horas nos cruces do Burgo das Nacións-Carvalho Calero e Morón-Castaños-Pelamios. En San Pedro estará prohibido o estacionamento na Cruz de San Pedro a partir das 18.00 horas, e na rúa José Antonio Souto Pazo non se poderá circular desde as 20.00 horas. Tamén se pechará ao tráfico a rúa Fernando III O Santo, no tramo comprendido entre República Arxentina e a rúa de la Rosa, a partir das 21.00 horas. 

relacionada O San Xoán dispara o prezo da sardiña ata os seis euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE