Atopan o corpo sen vida do desaparecido tras saír pescar no Barco de Valdeorras
O corpo nou presenta signos externos de violencia e foi localizado nun regato da aldea de Arcos de Vilarmartín.
O corpo sen vida do home que desaparecera o luns no Barco de Valdeorras (Ourense) tras saír pescar foi atopado na mañá deste mércores nun regato da aldea de Arcos de Vilamartín.
Segundo informou o 112 Galicia, tívose constancia do achado a través do alcalde de Vilamartín de Valdeorras pasados uns minutos das 10,00 horas.
Fontes da Garda Civil explicaron que o corpo, que non presenta signos externos de violencia, foi localizado nunha poza dun río ao que acudira a pescar.
A familia do home, segundo concreta o 112, denunciara a súa desaparición o mesmo luns no cuartel da Garda Civil do Barco de Valdeorras.
Tras a denuncia, púxose en marcha un operativo de procura. Ademais, un familiar informou da desaparición ao 112 Galicia sobre as 15,00 horas da tarde do martes.
A partir de aí, o 112 Galicia requiriu a colaboración do GES de Valdeorras e de Protección Civil do Barco e de Vilamartín de Valdeorras.
Escribe o teu comentario