Buscan unha menor de 17 anos desaparecida en Narón

Permanece sen paradoiro coñecido desde este luns, cando o seu pai presentou a denuncia en comisaría. 


|

Nereavilalopezdesaparecida


Unha menor de 17 anos de idade veciña da localidade coruñesa de Narón permanece desaparecida desde o luns, cando pola tarde o pai da moza presentou denuncia en comisaría.


Segundo confirmou a Europa Press fontes policiais, o pai da menor desaparecida, Nerea Vila, de 17 anos, presentou na tarde do luns na Comisaría da Policía Nacional de Ferrol denuncia pola desaparición da moza.


A moza ten 17 anos de idade, mide 1,65 metros, ten pelo moreno e ollos verdes. Segundo o cartel difundido por SOS Desaparecidos, a menor leva lentes e vestía a última vez que a viron leggins e chaqueta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE