O Concello de Lugo retira a simboloxía franquista do Colexio Manuel Mallo Mallo

A retirada da placa súmase á solicitudes para a eliminación de símbolos franquistas de diversos edificios da cidade.


|

Colegiomanuelmallosimbolofranquista


A Concellería de Educación do Concello de Lugo retirou a simboloxía franquista existente no Colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, unha placa situada na fachada do edificio.


O goberno local cumpre deste xeito cun acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal e avanza que "o seu compromiso co cumprimento da Lei de Memoria Histórica, unha norma que cumpre este ano o seu décimo aniversario", apuntou o concelleiro, Manuel Núñez.


Un "fito" no ámbito da memoria histórica, impulsado polo Concello, foi a rehabilitación do 'Vello Cárcere', un espazo de "represión e sufrimento" convertido hoxe "nun lugar aberto, de homenaxe e recuperación da memoria histórica dos alí presos e condenados á morte simplemente polas súas ideas".


A retirada da placa do colexio Manuel Mallo súmase á solicitudes que enviou o Concello a outras administracións para que procedan á eliminación de símbolos franquistas de diversos edificios da cidade.

relacionada A Deputación da Coruña publica un mapa de represaliados polo franquismo
relacionada Ourense retirará as placas franquistas das vivendas de protección oficial
relacionada A pegada do franquismo pervive en dez edificios públicos de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE