A Fundación Barrié ten "garantidos" 7 millóns anuais para os próximos 12 anos

A situación de Barrié "preocupa" á Xunta polo seu valor estratéxico para os intereses galegos. 


|

Porticoglorialondresfundacionbarrie


O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revelou este xoves que o presidente da Fundación Barrié, José María Arias, concretoulle que dita entidade ten "garantido" un investimento anual de ao redor de 7 millóns de euros para os próximos 12 anos, de acordo cunha conversación que ambos mantiveron na pasada xornada.


Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, Feijóo admitiu que a situación da Barrié, por tratarse de "unha fundación de interese galego", é unha das cuestións que "preocupa" á Xunta no marco da operación de compra do Banco Popular por parte do Santander, pero lanzou unha mensaxe tranquilizadora en relación á súa viabilidade financeira.


Así, explicou que o presidente da Fundación trasladoulle, nunha conversación que ambos mantiveron este mércores, que esta ten "un patrimonio inmobiliario de 120 millóns de euros", así como "uns 40 millóns en valores fóra do Banco Popular".


Segundo o presidente galego, ese patrimonio inmobiliario de 120 millóns dá á Fundación "unha rendibilidade anual de 7 millóns", que está "garantida para os próximos 12 anos" porque "unha parte deses inmobles están arrendados ao Popular, cun contrato que vence en 12 anos".


"RECURSOS SIMILARES AOS ÚLTIMOS ANOS"


Deste xeito, ratificou que, "a efectos de funcionamento ordinario", a Fundación terá "uns recursos similares" aos que tivo "no últimos tres ou catro anos", cando "o prezo da acción caeu".


"Estaremos a traballar con ao redor de 7 millóns de euros de investimento anual da Fundación Barrié garantida para os próximos 12 anos", resumiu o presidente galego, quen ve "evidente" que, dada a marxe, hai "tempo" para "orientar e reorientar esa cifra".

relacionada A Fundación Barrié ten "garantidos" 7 millóns anuais para os próximos 12 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE