Aspas reivindica os seus "méritos" para ter un posto na selección

O de Moaña recoñece que "non é fácil ter a confianza do míster" e trata de aproveitar porque "nunca sabes se vas volver".


|

Aspasseleccion


Iago Aspas busca o seu oco na selección nacional, onde trata de convencer a Lopetegui de que é unha alternativa válida para o combinado. Desa forma encara a concentración da 'Roja' para estes dous encontros que este mércores os enfronta a Colombia e o oficial fronte a Macedonia.


O xogador celeste asegurou que fixo "méritos" durante a pasada tempada "para ter oportunidades" no combinado nacional, algo que tentará "demostrarlle ao míster". O de Moaña recoñeceu en declaracións a BeIN SPORTS que "non é fácil obter a confianza do míster cando hai moitísimos compañeiros que o veñen facendo moi ben, pero tiven a ocasión de vir anteriormente, xa me coñece, e iso é un punto ao meu favor".


Por iso, ten na cabeza que "nunca sabes se vas volver. Estar aquí é un luxo para calquera xogador". O mesmo opina da Europa League, obxectivo que se marca para a próxima tempada. "É indispensable para nós, e chegar o máis lonxe posible na Copa", insistiu Iago Aspas, que descarta novas aventuras lonxe de Vigo.

relacionada Lopetegui chama de novo a Aspas na convocatoria da selección

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE