Enfermeiras e auxiliares do Chuvi, premiadas por un traballo sobre broncoscopias

|

Broncoscopia


Enfermeiras e auxiliares do servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foron protagonistas do recente congreso nacional de Pneumoloxía Intervencionista, que se celebrou en Vigo. Catro delas obtiveron o primeiro premio nas comunicacións por un traballo consistente nun estudo para mellorar a tolerancia das broncoscopias.


As enfermeiras do servizo Maite Santomé e Mercedes Cuña e as TCAE Claudia Fernández e Chelo Couselo asinan a dita comunicación, que competiu con outros 20 traballos científicos de toda España presentados no congreso en varias áreas.


"É un reflexo do bo traballo que realiza todo o persoal do servizo e, sobre todo, a enfermería e as auxiliares da unidade de broncoscopias, que están moi implicadas en todo o que se fai nas nosas unidades", destacou o xefe de Pneumoloxía, o doutor Alberto Fernández Villar.


Ademais, no mesmo congreso, a pneumóloga do Chuvi Maribel Botana obtivo tamén o primeiro premio na categoría médica, cun traballo no que se reflicte unha enquisa realizada a nivel estatal sobre o manexo adecuado da patoloxía pleural.

relacionada O 90% dos servizos de Pneumoloxía nos hospitais estiveron sobreocupados pola gripe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress