En Marea e BNG advirten que o novo plan de transporte custará 1.000 empregos

Denuncian ademais que favorece a monopolización do sector | A Xunta nega que sexa así e sinala que calquera empresa pode presentarse. 


|

Autobusmovimiento


En Marea e BNG denuncian que a Xunta favorece contratos de transporte "draconianos" co fin de converter a este sector en "monopolio de grandes empresas", á vez que alertaron de que supoñerá a perda de 1.000 postos de traballo e "a precarización" de profesionais.


Así o expuxeron na Comisión de Ordenación Territorial na que a que o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, negou este extremo e sinalou que "calquera empresa pode presentarse" baixo a modalidade de UTE.


Nesta liña, Mestre remarca que "non todos" os autobuses teñen que ter 55 prazas, senón que se necesitarán tamén microbuses e taxis de ata nove prazas.


Ademais, subliña que o futuro plan de transporte de viaxeiros da Xunta supoñerá unha "oportunidade", así como melloras para o rural e "blinda" o traslado de escolares, tras un "minucioso" traballo no que se analizou "parroquia a parroquia" a 200 concellos.


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda marca un prezo de 1,40 euros por billete para os usuarios xerais nos novos contratos de medio e curto percorrido que sacará para prestar o servizo nun total de 500 liñas. Ademais, nos de longa distancia, o pago será en función dos quilómetros.


O pasado martes o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou os 42 anteproxectos de explotación destes novos servizos, que serán de transporte integrado --escolar e xeral-- e que cubrirán as zonas afectadas polas renuncias das concesionarias ás liñas en agosto de 2016.

relacionada O novo mapa do transporte público "duplicará" o número de viaxes en Lugo
relacionada En Marea rexeita o mapa de transporte que insiste na "desconexión" rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE